Omet la navegació.
Inici

2a Asemblea de Sen Capitalismo en Galiza (Compostela)

Data: 
Dissabte, 19 Desembre 2009 - 5:00pm

Localització

Casa Encantada
Parque Almáciga
Compostela, CA
Espanya
42° 53' 8.3436" N, 8° 32' 12.2676" W

Que é Sen Capitalismo?

O pasado mes de Outubro veu Enric Duran a Galiza para falar sobre o decrecemento e propoñer alternativas ao sistema capilista. O caso foi que comezamos a poñernos en contacto xente de proxectos moi diversos ( e nalgúns casos moi similares! ) de todo o país.

O feito de non sabermos nada os uns dos outros, de non coñecer todas as alternativas que se están a dar na Galiza fronte ao capitalismo, fíxonos pensar na necesidade de crear rede, de unir esforzos.

Sen Capitalismo nace para dar resposta a esta necesidade. Queremos poñer en contacto todas as iniciativas que poidamos, para xuntar forzas e crear alternativas máis sólidas.

A 1ª Asemblea no C.S. Atreu(Coruña):

Na 1ª asemblea falamos sobre os diferentes colectivos e proxectos nos que participamos ou que coñecemos. Proxectos que ofrezan alternativas ao capitalismo (Cooperativas de Consumo, Universidades populares, escolas libres, centros sociais, moedas alternativas, tendas de troco, cousatecas...)

E sorprendeunos a cantidade de cousas que se están a facer. Iniciativas que ás veces están próximas e non sabían as unhas das outras... un auténtico minifundismo asociativo!

Tratamos diferentes puntos:
-soberanía alimentaria
-vivenda
-economía alternativa
-enerxía
-Educación
-Outros

Por este motivo nace SEN CAPITALISMO, un grupo de persoas coa vontade de formar unha plataforma que cubra os seguintes obxetivos:

-poñer en contacto colectivos, grupos e persoas para traballar en rede nas alternativas que existen na Galiza.

-Informar sobre a situación actual e as alternativas que existen tanto na Galiza como noutros territorios

-invitar a colectivos, grupos e calquera persoa que estea interesada en traballar connosco

Para cando a 2ª Asemblea?

O día 19 de Decembro ás h na Casa Encantada (Almáciga – Compostela) xuntámonos de novo, para comezar a organizarnos nesta dirección.

Estades todas convidadas, participade connosco, ¡entre todas podemos vivir sen capitalismo!

0
El teu vot: cap
imatge de libertad
libertad
Desconnectat
Afegit: 31/01/2009
En Galicia, el Plan Bolonia

En Galicia, el Plan Bolonia explicado
con sentido del humor sarcástico:

http://www.youtube.com/watch?v=sUYBKSm9Si4&feature=player_embedded

Opcions de visualització de comentaris

CAPTCHA
Aquesta pregunta és per assegurar-nos de que ets un humà i mantenir aquesta pàgina neta de SPAM.
Selecciona la vostra manera preferida de visualitzar els comentaris i feu clic en "Desa la configuració" per activar els canvis.

Envia un nou comentari

El contingut d'aquest camp es manté privat i no es mostrarà públicament.
  • Les línies i paràgrafs es trenquen automàticament.
  • Etiquetes HTML permeses: <a> <em> <strong> <b><u><i><cite> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd> <img><h1><h2> <h3> <h4><h5><h6> <img><br><p><div><span><table><thead><tbody><tr><th><td> <hr> <embed> <object> <param>
  • Les adreces de pàgines web i de correu electrònic es tornen automàticament en enllaços.
  • L'estil de Twiter de #hashtags s'enllacen directament a search.twitter.com.
  • Pots introduïr videos amb el codi [video:URL]
CAPTCHA
Aquesta pregunta és per assegurar-nos de que ets un humà i mantenir aquesta pàgina neta de SPAM.